Risografía

Temos connosco unha duplicadora MF 9350e que imprime en A3. Acepta so papeis non estucados dende 46 gramos ata 260 gramos, aínda que pódese facer un pouco de trampa ;). O área de impresión máxima é de 284 x 402 mm.

En canto os papeis, e despois de 5 anos de probas, quedamos cos favoritos; Munken Print Crema de 90 gr, Munken Pure Rough de 150 gr, Munken Lynx Rough de 150 gr, Munken Print Branco de 150 gr, Canson Basik de 130 gr, Printspeeda gama Fabriano Copy Tinta de 80 gr en múltiples cores, e restos de papeis que quedan polo taller. Tamén podes vir ti cos teus propios, sempre que respeiten que non sexan estucados.

En canto as cores temos na plantilla doce:

Amarelo, Laranxa Flúor, Vermello, Verde Escuro, Azul Medio, Gris Claro e Negro na SF5030 EII de A4

Amarelo, Laranxa, Vermello Brillante, Rosa Flúor, Azul, Verde, Esmeralda e Negro na MF 9350e de A3_

Pra facer teus soños riso o primeiro é descompoñer cromáticamente a imaxe, unha capa por cor (como na seri). Deste xeito poderemos preparar os máster e superpoñer cores pra que suceda a maxia. Cómpre que nos envíes os arquivos en alta calidade (300dpi), en escala de grises e en .pdf

Se non estás familiarizada coa técnica debes ter en conta que a súa beleza dáse nas imperfeccións aleatorias da duplicadora; se estás a buscar unha reproducción exacta do teu deseño, probabremente a riso non é a túa parella de baile_

 
riso.gif